Paraísos Baixo o Lixo

Proxecto Tarabelo

Programas educativos sobre patrimonio cultural, ambiental e Dereitos Humanos

Programa educativo “Muíños e regatos: Paraísos baixo o lixo”

O obxectivo é que o alumnado coñeza o patrimonio natural da súa contorna e alcanzar a súa participación activa na conservación ambiental e do noso patrimonio cultural.

Este programa transversal foi seleccionado como un dos programas máis innovadores polo consello científico das “III Xornadas de Educación Patrimonial”; organizadas pola Consellería de Educación, a Dirección Xeral de Patrimonio e a USC.

Programa Lendaria

Xincana cultural na que se dan a coñecer as lendas e a súa relación co noso patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico.

Programa educativo “Coidando do entorno e das persoas”

As actividades están deseñadas para que o alumnado coñeza os impactos ambientais nos Dereitos Humanos.

Outro obxectivo é que o alumnado descubra alternativas de consumo responsable e como podemos transitar cara unha economía circular e sostible. 

Os dous programas educativos anteriores son transversais e póñense en práctica competencias clave para formar a persoas implicadas na mellora da súa contorna e na defensa dos Dereitos Humanos, no exercicio da chamada cidadanía global.

Proxectos de recuperación do patrimonio cultural

En que consisten os proxectos de recuperación de Patrimonio Cultural?​

Estes proxectos integrais constan de unha fase inicial de inventariado de elementos do patrimonio etnográfico, de procuras nos arquivos históricos e da recompilación do patrimonio inmaterial asociado mediante entrevistas ás persoas maiores.

Un obxectivo desta fase é promover a autoestima das persoas entrevistadas e que sintan que cos traballos preténdese homenaxealos, fomentando unha actitude de gratitude polos esforzos das xeracións pasadas.

Tras esas primeiras fases, os proxectos teñen unha fase con propostas de posta en valor deste patrimonio, como a recuperación de antigos carreiros que conecten o patrimonio etnolóxico e arqueolóxico, á vez que sirvan como alternativas de mobilidade peonil para a cidadanía e os visitantes.

Os nosos labores de recuperación de Patrimonio Cultural

Debido a que contamos cun equipo interdisciplinar, podemos realizar tamén os proxectos de obra das actuacións de acondicionamento de carreiros e da consolidación de ruínas ou reconstrución dalgún dos elementos.

Tamén se ofrece aos concellos un servizo de intermediación xurídica para asinar os documentos de cesión cos propietarios dos muíños e das parcelas polas que se proxecten os carreiros.

Durante o desenvolvemento de todos os proxectos organízanse actividades para implicar á comunidade educativa en particular e a cidadanía en xeral.

Roteiros sobre patrimonio cultural e ambiental

Roteiros culturais en Vigo

Mediante estes roteiros dase a coñecer o abraiante patrimonio natural e cultural da área metropolitana de Vigo.

Durante os mesmos tamén descubrirás o noso patrimonio inmaterial, como as lendas, costumes, oficios, técnicas construtivas, cancións, bailes e personaxes mitológicos asociados aos muíños, mámoas, castros, fontes e penas.

Roteiros nocturnos e personalizados​

Camiñar pola natureza de noite é outra maneira de descubrir os misterios e o encanto da nosa terra: a Galicia insólita.

Tamén deseñamos roteiros personalizados con servizo guía que proporciona unha experiencia inmersiva. Desde proxecto Tarabelo estamos convencidos de que o que máis valor ten é o máis descoñecido e oculto.

Docencia de Formación Profesional para o emprego e oposicións
  • Cursos de sensibilización ambiental
  • Cursos en igualdade entre mulleres e homes
  • Cursos en Protección datos
  • Preparación de oposicións
Voluntariado e dinamización comunitaria

As actividades de voluntariado ambiental e de recuperación do patrimonio cultural forman parte de proxectos de transformación ambiental e social nos que se busca a implicación e colaboración entre a cidadanía, as asociacións locais, as administracións públicas e a comunidade educativa.

Asesoría legal e formación

Asesoría en dereito civil e administrativo​

A nosa experiencia vén avalada por éxitos profesionais como a estimación do recurso de casación nº 145/2013, interposto ante o Tribunal Supremo, dando lugar a unha sentenza en unificación de doutrina, tendo repercusión nos medios de comunicación pola súa incidencia na xurisprudencia sobre accidentes laborais.

Deseño de políticas de privacidade e protección de datos

Axudamos a páxinas web como Peri a cumprir coas regulacións de privacidade e protección de datos vixentes e garantizar que as súas prácticas sexan éticas e respeten a privacidade dos usuarios.

O servizo de deseño de políticas de privacidade e protección de datos serve para asegurar a información dos usuarios, cumprir coas regulacións vixentes e manter unha imaxe de confianza en canto á protección de datos.

Entidades coas que traballamos
Redondela

Concello de Redondela

pontegal

Deputación de Pontevedra – Pontegal

Obradoiro Fernando Monroy

Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy

IES do Castro
IES do Castro de Vigo
IES Illa de San Simón

IES Illa de San Simón

IES Pedro Floriani

IES Pedro Floriani

IES A Guía

IES A Guía

IES de Teis

IES de Teis

Colexio Paraixal

CEIP Paraixal

IES Eduardo Pondal

CEIP Eduardo Pondal

C.E.I.P. San Salvador

CEIP San Salvador de Teis

CEIP Frian

CEIP Frian

Monte da guía

EEI Plurilingüe Monte da Guía

CEIP Bouza brey

Colexio Plurilingüe Bouza Brey

CEIP O pombal

CEIP O Pombal

CEIP Vicente Risco

CEIP Vicente Risco

CEIP Igrexa Candeán

CEIP Igrexa Candean

CEIP de Laredo

CEIP de Laredo

CEIP igrexa Chapela

CEIP Igrexa Chapela

CEIP Alexandre Bóveda

CEIP Alexandre Bóveda

CEIP de Cedeira

CEIP de Cedeira

Outeiro das Penas

CEIP Outeiro das Penas

CEIP ATIN CELA

CEIP Atín-Cela de Mos

IES Mendilogo

IES Mendiño

ARPE

Asociación Rande Patrimonio Europeo (ARPE)

Asociación Alén nós Redondela

Asociación Alén Nós

Citania

A Citania Arqueoloxía, S.L.

Unión Deportiva de Candeán

Asociación U.C.V. Deportiva de Candeán

Asociación de veciños do Calvario

Asociación de Veciños do Calvario

Asociación de Veciños Agarimo San Xoan Poulo
Asociación de Veciños Agarimo San Xoan Poulo
Asociación Veciñal de Teis

Asociación Veciñal de Teis

Asociación de Veciños de Chapela

Asociación de Veciños de Chapela

Asociación Veciñal de Cedeira
Asociación de Veciños San Bernardo de Cedeira
Artista Peri Helio

 Artista Peri Helio

Comunidad de Montes de Teis

Comunidade de Montes de Teis

Publicacións

2020: Co-autor do paper publicado polo Instituto Universitario das Nacións Unidas para o Estudo Avanzado da Sostibilidade (UNU-IAS). Título: “Transformative change in peri-urban SEPLS and green infraestructure strategies: An analysis from the local to the regional scales in Galicia (NW Spain)”. 

ISBN 978-981-33-6760-9.

2019:  Programa educativo “Muiños e regatos: Paraísos Baixo o lixo” publicado pola Universidade de Santiago de Compostela (Grupo de Investigación RODA) e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. ISBN: 978-84-09-17963-3.

2019:Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes, lavadoiros e muíños de Cesantes”. Obrador de Estudos Locais Fernando Monroy. Concello de Redondela e Deputación de Pontevedra. ISBN: 978-84-09-17602-1

Doazóns / Patrocinadores

Se consideras importante que a nosa labor sexa sostible no tempo e poidamos continuar protexendo o entorno natural e o noso patrimonio cultural, fai unha aportación a través das seguintes vías:

– Se eres unha empresa e/ou queres realizar unha donación importante ponte en contacto con nos no correo electrónico: info@proxectotarabelo.com

– Tamén podes realizar as túas doazóns a través de Bizum, ao número 680 71 89 52.

– Se o prefires podesfacer un ingreso ou transferencia á seguinte conta de Triodos Bank*: ES51 1491 0001 2820 8976 4613. No concepto recorda poñer a frase: “Doazón para Proxecto Tarabelo”.

*Esta entidade está clasificada como banca ética.

Noticias

En este curso escolar continuamos coas actividades de recuperación do bosque autóctono, esta vez co alumnado do IES de Chapela e no monte comunal desta parroquia, que cedeu esta gran parcela para obter un futuro parque forestal en Chapela, que sirva de zona de esparcemento para a cidadanía e como lugar de entrenamentos out door. Esta zona é privilexiada pola súa proximidade ao campo de fútbol de Chapela, polas súas vistas panorámicas da ría e tamén por que está ao lao do nacemento do río Pugariño. Río que desemboca na praia de Arealonga e atesoura uns impactantes muiños con acueductos e cubos de pozo momumentais. Cada árbore prantada está marcado co nome do estudantado que o prantou, para que a xente respete o esforzo do alumnado e que cando medren poidan pasear por alí e sentirse fachedosos ao dicir: “eu prantei esta árbore”, por iso pedimos a colaboración cidadá para coidar este espazo.

Estas actividades son fundamentais para acadar que a chavalada sexa quen de diferenciar as nosas árbores de ribeira, as nosas froiteiras e outras árbores autóctonas. Tamén buscamos que a través do esforzo indiviudal e grupal do alumnado se vinculen de xeito máis profundo cos nosos bosques e participe do seu coidado no futuro.

Queremos facer aquí un especial recoñecemento á Comunidade de Montes de Chapela, que autorizou a plantación no seu terreo onde antes había eucaliptos e acacias. Tamén agradecemos a colaboración do Concello de Redondela, que aportou as 100 árbores para poder levar a cabo esta actividade de educación ambiental.

Achegamos a continuación os enlaces das noticias dos medios que se fixeron eco da actividade:

radioredondela.com
farodevigo.es
atlantico.net
redondela.gal

Para contratar estes servicios escribe ao mail info@proxectotarabelo.com ou chama ao 680 718 952.