Paraísos Baixo o Lixo

Paraísos baixo o lixo Unión Europea

Roteiros sobre patrimonio cultural e ambiental

Modelos de roteiros

Roteiros culturais en Vigo

Mediante estes roteiros dase a coñecer o abraiante patrimonio natural e cultural da área metropolitana de Vigo.

Durante os mesmos tamén descubrirás o noso patrimonio inmaterial, como as lendas, costumes, oficios, técnicas construtivas, cancións, bailes e personaxes mitológicos asociados aos muíños, mámoas, castros, fontes e penas.

Roteiros nocturnos e personalizados​

Camiñar pola natureza de noite é outra maneira de descubrir os misterios e o encanto da nosa terra: a Galicia insólita.

Tamén deseñamos roteiros personalizados con servizo guía que proporciona unha experiencia inmersiva. Desde proxecto Tarabelo estamos convencidos de que o que máis valor ten é o máis descoñecido e oculto.

Para contratar estes servicios escribe ao mail info@paraisosbaixolixo.com ou chama ao 680 718 952.