Paraísos Baixo o Lixo

Paraísos baixo o lixo Unión Europea

Educación ambiental, patrimonial e formación en Dereitos Humanos

Programas educativos

Programa educativo “Muíños e regatos: Paraísos baixo o lixo”

O obxectivo é que o alumnado coñeza o patrimonio natural da súa contorna e alcanzar a súa participación activa na conservación ambiental e do noso patrimonio cultural.

Este programa transversal foi seleccionado como un dos programas máis innovadores polo consello científico das “III Xornadas de Educación Patrimonial”; organizadas pola Consellería de Educación, a Dirección Xeral de Patrimonio e a USC.

Programa educativo “Coidando do entorno e das persoas”

As actividades están deseñadas para que o alumnado coñeza os impactos ambientais nos Dereitos Humanos.

Outro obxectivo é que o alumnado descubra alternativas de consumo responsable e como podemos transitar cara unha economía circular e sostible. 

Os dous programas educativos anteriores son transversais e póñense en práctica competencias clave para formar a persoas implicadas na mellora da súa contorna e na defensa dos Dereitos Humanos, no exercicio da chamada cidadanía global.

Programa Lendaria

Xincana cultural na que se dan a coñecer as lendas e a súa relación co noso patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico.

Para contratar estes servicios escribe ao mail info@paraisosbaixolixo.com ou chama ao 680 718 952.